Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35957

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de sentenza (RSU 5269/2019-IG).

Eu, José Andrés Salgado Fernández, letrado da Administración de xustiza substituto de Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5269/2019-IG desta sección, seguido por instancia de Manuel Graíño Arantón contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Rocorelpi, S.L. e Ibermutua Mutua Colaboradora coa SS nº 274 (Fusión Mutua Galega Ibermutuamur sobre accidente de grao, se ditou a seguinte resolución:

«Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual do demandante Manuel Graíño Arantón contra a sentenza de data trinta e un de maio de dous mil dezanove, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña, en autos número 431/2018 promovidos polo demandante, contra o INSS e TXSS Mutua Galega, (hoxe, Ibermutua) e a entidade Rocorelpi, S.L., sobre revisión de incapacidade debemos confirmar e confirmamos a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez (10) días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida do catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Rocorelpi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial do Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de agosto de 2020

O letrado da Administración de xustiza