Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 186 Luns, 14 de setembro de 2020 Páx. 35964

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (DSP 254/2020).

Eu, Marina Piar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 254/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio Miranda Miranda contra Fermín Group Iberica, S.L. sobre despedimento, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrada da Administración de xustiza María Iria Román Vidarte.

Santiago de Compostela, dezasete de xullo de dous mil vinte.

Visto o estado que presentan as actuacións, de conformidade co art. 183.4 da LAC, sinálase para a celebración dos actos de conciliación e xuízo oral o próximo día 2 de novembro de 2020 ás 9.30 horas o acto de conciliación e ás 9.35 o acto de xuízo oral, na sala 1 planta baixa deste edificio xudicial, e acordo citar as partes coas advertencias e apercibimentos legais adquiridos durante a tramitación do procedemento.

Sirva a notificación desta resolución de citación en legal forma ás partes.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á súa notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada».

E para que sirva de notificación en legal forma a Fermín Group Iberica, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios do xulgado.

Advírtese ao destinatario que ten ao seu dispor na oficina xudicial a cédula de citación, copia da demanda e decreto de admisión desta e demais resolucións e documentos que figuran no procedemento e que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza