Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36237

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 213/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 213/2019, por instancia de Pablo Villaverde Varela, contra o executado Vicente Cabanas Salvado, sobre despedimento, se ditou con data do 26.8.2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado, en situación de insolvencia total, por importe de 6.212,32 euros de principal, máis 621,23 euros que provisionalmente se orzamentan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional. E de conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 26 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza