Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36242

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 3 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a resolución de arquivamento da solicitude de expedición dun certificado de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios, devolta polo servizo de Correos (expediente PCI-2019-196).

Intentada a notificación da resolución de arquivamento da solicitude de expedición dun certificado de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios á persoa interesada que se especifica no anexo, e ao non ser posible a súa práctica a través do servizo de Correos, notifícaselle por medio deste anuncio co fin de que poidan coñecer o seu contido íntegro e para constancia de tal coñecemento, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

A persoa interesada poderá coñecer o texto íntegro da resolución nas dependencias do Servizo de Administración Industrial da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, rúa de Avelino Pousa Antelo, 5, 15707 Santiago de Compostela, A Coruña, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Santiago de Compostela, 3 de setembro de 2020

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Expediente

Interesado

Acto notificado

PCI-2019-196

Roger Juan Ortuño Montaño

Resolución de arquivamento da solicitude de expedición dun certificado de acreditación como operario cualificado en instalacións de protección contra incendios.