Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36250

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

EDICTO do 12 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican diversas resolucións ditadas nos procedementos BS626F e BS618D.

De conformidade co disposto na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en virtude do disposto nos seus artigos 44 e 46, e no uso das competencias atribuídas a esta xefatura territorial, notifícanse mediante este edicto as resolucións dos recursos de alzada presentados polas persoas interesadas relacionadas nos anexos, ao teren sido devoltas polo servizo de Correos, logo de que se intentase a notificación sen que se puidese efectuar por causas non imputables á Administración.

No prazo de dez (10) días, contados a partir do día seguinte ao da data desta publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE), as persoas interesadas citadas nos anexos, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer na Xefatura Territorial da Consellería de Política Social da Coruña, Servizo de Prestacións, Inclusión e Inmigración, na avenida Salvador de Madariaga, 9, 1º, das 9.00 ás 14.00 horas, para coñeceren o texto íntegro da resolución e o resto do expediente, advertíndolles que, de non o faceren así, se considerarán notificadas no momento do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas poderase interpor recurso contencioso-administrativo, perante o órgano xudicial competente, no prazo de dous (2) meses desde o día seguinte ao da notificación, conforme o disposto no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 12 de agosto de 2020

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Decreto 176/2015, do 3 de decembro)
María Sóñora Ferreirós
Xefa do Servizo de Coordinación Administrativa da Coruña

ANEXO I

Procedemento BS626F

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Resolución: data

Y2269048C

BS626F15005003918

Desestimación 23.7.2020

X2958622V

BS626F15030039208

Inadmisión 3.7.2020

32651842F

BS626F15036009805

Desestimación 20.1.2020

33252537B

BS626F15078016719

Desestimación 29.5.2020

ANEXO II

Procedemento BS618D

Interesado/a (DNI/NIE/pasaporte)

Nº expediente

Resolución: data

33263821W

BS618D15062000119

Desestimación 16.7.2020

44473224X

BS618D15075002819

Desestimación 13.1.2020