Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36154

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

ORDE do 8 de setembro de 2020 pola que se amplía o crédito para o procedemento PE120B da Orde do 5 de decembro de 2019 pola que se establecen as bases e se regula o procedemento para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de axudas para investimentos que fomenten a pesca sustentable para propietarios de buques pesqueiros, cofinanciadas co Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP), e se convoca para o ano 2020 o devandito procedemento, tramitado como expediente anticipado de gasto (códigos de procedemento PE120A, PE120B, PE120C, PE120E e PE120F).

A Orde do 5 de decembro de 2019 (DOG nº 245, do 26 de decembro) estableceu, para o ano 2020, a convocatoria de axudas para propietarios de buques, e entre a súas finalidades estaban realizar investimentos que:

• Melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros (procedemento PE120B).

A dita orde establece no seu artigo 4 que o crédito inicial poderá ser ampliado en función das dispoñibilidades orzamentarias sen que iso dea lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Tendo en conta que este ano, polo número e contía deste tipo de axudas, o crédito orzamentario non foi suficiente para atender as solicitudes que cumpren cos requisitos, procede ampliar o crédito orzamentario para a concesión de axudas para as liñas de investimentos que melloren a hixiene, saúde, seguridade e condicións de traballo en buques pesqueiros.

Por todo o anterior, e no uso das facultades que me foron conferidas,

DISPOÑO:

Artigo único

Amplíase o importe da contía máxima das axudas que se van conceder ao abeiro da Orde do 5 de decembro de 2019 en:

• 93.739,20 euros, con cargo á aplicación 15.02.723A.770.6 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2020, polo que o importe total da convocatoria de 2020 para o procedemento PE120B ascende a 316.145,21 euros.

Esta modificación non dá lugar á apertura dun novo prazo de presentación de solicitudes.

Disposición derradeira única

Esta orde producirá efectos a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 8 de setembro de 2020

Rosa Mª Quintana Carballo
Conselleira do Mar