Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, pola Orde da Consellería de Facenda do 5 de marzo de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 49, do 11 de marzo, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería
DISPÓN:
Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na agrupación profesional de persoal funcionario subalterno da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP, coa composición que se relaciona no anexo.
Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública
ANEXO
Agrupación profesional de persoal funcionario da Administración xeral
da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo AP
Tribunal titular:
Presidencia:
– Javier Suárez Salvado, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Secretaría:
– José Luis Soto Campos, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Vogais:
– Eduardo Suárez Campo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia , subgrupo A1.
– Natalia Blanco Fernández, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
– María Luisa Tomé del Río, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Tribunal suplente:
Presidencia:
– Yolanda Blanco Varela, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
Secretaría:
– Francisco Rodríguez Vila, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
Vogais:
– María Elena Nimo Mayo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.
– Álvaro López Berdullas, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.
– Xosé Manuel Cerviño Meira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.