Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36215

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Unha vez convocado o proceso selectivo pola quenda de acceso libre para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo, pola quenda de acceso libre, para o ingreso no corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma

de Galicia, subgrupo A2

Tribunal titular:

Presidencia:

– Paula Oliete Trillo, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Mónica Fernández Santas, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Patricia Villajos Grande, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Víctor Manuel Martínez Lago, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala técnica de finanzas, subgrupo A2.

– Elías Neira Rial, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Víctor Manuel Tubío Villar, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Xosé Ignacio Palomanes Rodríguez, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– María Raquel Fernández Yáñez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

– Manuela Rego Romero, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Gloria López Juiz, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.