Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36209

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior, de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, mediante a Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 004 do grupo I, titulada/o superior de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Categoría 004 do grupo I, titulada/o superior,
de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia

Tribunal titular:

Presidencia:

– Juan José Nieto Montero, profesor titular da Área de Dereito Financeiro e Tributario na Universidade de Santiago de Compostela.

Secretaría:

– Eva María Sanín Mariño, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Mª Eugenia de Pascual Grasa, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– José Luis López Cousillas, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de arquitectos, subgrupo A1.

– María Dolores Pereira Oliveira, persoal funcionario do corpo facultativo superior da Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Jorge Outeiriño Santos, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Pablo Leis Mol, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, escala de finanzas.

Vogais:

– Begoña García Maneiro, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Isabel Espín Alba, profesora titular da área de Dereito Civil na Universidade de Santiago de Compostela.

– María Baleato González, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.