Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36205

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, pola Orde da Consellería de Facenda do 22 de novembro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 225, do 26 de novembro, e de conformidade co establecido nas bases de dita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo extraordinario de consolidación para o ingreso na categoría 002 do grupo III e categoría 062 do grupo III de persoal laboral fixo da Xunta de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Grupo III, categoría 002 e categoría 062, de persoal laboral fixo

da Xunta de Galicia

Tribunal titular:

Presidencia:

– Laura Suárez Fernández, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Secretaría:

– Miguel Ángel Palacios Rodríguez, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– José María Pita Ponte, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Mercedes Patricia Toubes Navarro, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

– Pablo Díaz Vázquez, persoal funcionario do corpo facultativo de grao medio da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de subinspección urbanística.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Alfonso Diéguez García, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Secretaría:

– Fernando González Abeijón, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– Alejandro Bregua Cousillas, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, escala de inspectoras e inspectores de consumo.

– María del Pilar López Varela, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– María Ángeles Iglesias Abelleira, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.