Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36232

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (SSS 728/2019).

Eu, Eva Ortiz Suárez, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento da Seguridade Social 728/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61 contra Transportes Castiñeira, S.A., Tesouraría Xeral da Seguridade Social TGSS, Instituto Nacional da Seguridade Social sobre Seguridade Social, se ditou sentenza e auto de rectificación desta que na súa parte dispositiva, literalmente din:

Decido:

Que estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61, contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Transportes Castiñeira, S.A., debo condenar e condeno a empresa Ganadaría Recebes, S.L., a que reintegre á Mutua a cantidade de 285,77 € en concepto de asistencia sanitaria, e prestacións de incapacidade temporal aboadas por esta a Rubén Vilas Lorenzo, o seu traballador a consecuencia do accidente de traballo sufrido o 2 de febreiro de 2015, consecuencia do accidente de traballo sufrido, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra esta non cabe interpoñer recurso ningún.

Dedúzase testemuño literal desta sentenza que quedará nestas actuacións, con inclusión da orixinal no libro de sentenzas.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Publicación: lida e publicada foi a anterior sentenza pola maxistrada xuíza que a subscribe, estando a celebrar audiencia pública no día da súa data. Dou fe.

Dispoño:

Rectificar o erro de trascrición contido na decisión da sentenza ditada nos presentes autos, con data do vinte e un de xullo de dous mil vinte, que non dezaoito, nos termos que se explicitar, manténdose integramente no restante a resolución ditada:

«...Que estimando a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Fremap Mutua Colaboradora coa Seguridade Social nº 61, contra Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, e a entidade Transportes Castiñeira, S.A., debo condenar e condeno a empresa Transportes Castiñeira, S.A., a que reintegre á Mutua a cantidade de 285,77 € en concepto de asistencia sanitaria, e prestacións de incapacidade temporal aboadas por esta mesma a Rubén Vilas Lorenzo, o seu traballador consecuencia do accidente de traballo sufrido o 2 de febreiro de 2015, consecuencia do accidente de traballo sufrido, sen prexuízo da responsabilidade subsidiaria do Instituto Nacional da Seguridade Social e Tesouraría Xeral da Seguridade Social, como legal sucesor do Fondo de Garantía de Accidentes de Traballo, en caso de insolvencia da empresa...».

Notifíquese esta resolución ás partes advertíndolles que contra ela non cabe interpoñer recurso ningún distinto do recurso de suplicación que, se é o caso, se formule contra a sentenza ditada, cuxo prazo de anuncio ou formulación se iniciará de novo coa notificación da presente resolución.

Así, por este auto, mándao e asínao a maxistrada xuíza, Pilar Carreira Vidal. Dou fe.

E para que sirvan de notificación en legal forma a Transportes Castiñeira, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 26 de agosto de 2020

A letrada da Administración de xustiza