Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 188 Mércores, 16 de setembro de 2020 Páx. 36264

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Valga

ANUNCIO de apertura de información pública da aprobación inicial da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal de Valga.

Aprobada inicialmente polo Pleno da corporación en sesión extraordinaria celebrada o día 17 de agosto de 2020 a modificación puntual nº 4 do Plan xeral de Valga no ámbito do solo de núcleo rural nos termos que obran no expediente, segundo proxecto redactado polo equipo redactor de Fernández Carballada Asociados, ábrese un período de información pública durante dous meses, mediante anuncio no taboleiro de edictos do concello, no Diario Oficial de Galicia e anunciarase, ademais, nun dos xornais de maior difusión na provincia de Pontevedra. Durante devandito período quedará o expediente, con todos os documentos que integran o Plan xeral, incluído o estudo ambiental estratéxico, a disposición de calquera que queira examinalo para que se presenten as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello [enderezo https://www.valga.gal].

Suspéndese o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto de plan cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente.

A duración da suspensión é de dous anos contados desde a aprobación inicial, extinguíndose, en todo caso, coa aprobación definitiva da modificación do plan.

Valga, 24 de agosto de 2020

José María Bello Maneiro
Alcalde presidente