De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, as notificacións que non se puidesen efectuar faranse por medio de anuncio no Diario Oficial de Galicia (DOG), e a súa eficacia quedará condicionada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).
No prazo de dez (10) días, desde o día seguinte ao da publicación do anuncio no BOE, as persoas interesadas poderán comparecer nas dependencias do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural (rúa Florentino López Cuevillas, nº 4-6, baixo) en Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren o texto íntegro da resolución que se notifica.
Para garantir o cumprimento das medidas de distanciamento social previstas con motivo da pandemia causada polo COVID-19 para efectuar a referida comparecencia deberá concertar previamente unha cita no teléfono 988 38 64 89.
Contra a referida resolución, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun (1) mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no BOE, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural.
Ourense, 3 de setembro de 2020
Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense
ANEXO
Interesada/o |
Acto que se notifica |
Zona de concentración parcelaria |
34402521H |
Resolución |
Acevedo-Milmanda (Celanova-Ourense) |