Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36529

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Sanidade

DECRETO 149/2020, do 17 de setembro, polo que se nomea directora xeral de Saúde Pública a Carmen Durán Parrondo.

En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta do conselleiro de Sanidade, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de setembro de dous mil vinte,

Nomeo directora xeral de Saúde Pública a Carmen Durán Parrondo.

Santiago de Compostela, dezasete de setembro de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade