Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36615

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 26 de agosto de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2020/056-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: reforma LMTA VLG807 entre o CT Carabuxeira e a derivación ao CT Seixalvo.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: soterramento da LMT VIG807 no treito situado entre os núcleos de Carabuxeira e Seixalvo consistente nas seguintes actuacións:

• LMTA (actuación 1), a 20 kV, instalación dun vano de condutor LA-110 mm2 AI de 120 metros de lonxitude en substitución do existente, con orixe no apoio proxectado C-4500/18 e final no apoio existente HV-630/15 (9AV1U57N/24). LMTA (actuación 2), a 20 kV, instalación dun vano condutor de LA-56 mm2 AI de 38 metros, con orixe no apoio proxectado C-4500/18 e final no CT Seixalvo (36AD79).

• Desmontaxe da LMTA existente desde o apoio proxectado C-4500/18 ata o CT Carabuxeira (36CZG1).

• LMT subterránea a 15 kV con condutor tipo RHZ1-20L 12/20kV 1×240 mm2 AI de 625 metros de lonxitude, con orixe na cela da LMT do CT Carabuxeira (36CZG1) e final no apoio existente HV-630/15 (9AV1U57N/24).

As instalacións están na parroquia Padriñán, no concello de Sanxenxo (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución, conforme o establecido no artigo 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Pontevedra, 26 de agosto de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra