En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e 28.1 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, por proposta da conselleira de Política Social, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día dezasete de setembro de dous mil vinte,
DISPOÑO:
Que cese, por petición propia, Ildefonso de la Campa Montenegro como director xeral de Maiores e Persoas con Discapacidade, agradecéndolle os servizos prestados.
Santiago de Compostela, dezasete de setembro de dous mil vinte
Alberto Núñez Feijóo
Presidente
Fabiola García Martínez
Conselleira de Política Social