Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36624

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 25 de agosto de 2020 pola que se autoriza a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Bemeso I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Bemeso I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 17 de agosto de 2020, Beatriz de la Torre Graña (***9100**), Juan Carlos de la Torre Graña (***9039**), Manuel de la Torre Graña (***9036**) e Martín de la Torre Graña (***9100**) solicitaron autorización para a transmisión inter vivos da concesión administrativa e da batea Bemeso I.

Segundo. Os interesados achegaron a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe da Subdirección Xeral de Acuicultura, sobre a tramitación do expediente é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia (DOG número 180, do 21 de setembro).

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servizo de Recursos Mariños, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión inter vivos, a favor de De la Torre Graña, S.L. (B01848845), da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Bemeso I.

Situación:

Cuadrícula número: 13.

Polígono: B.

Distrito: Bueu (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 11.10.1965.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Beatriz de la Torre Graña (***9100**), Juan Carlos de la Torre Graña (***9039**), Manuel de la Torre Graña (***9036**) e Martín de la Torre Graña (***9100**).

Nova titular: De la Torre Graña, S.L. (B01848845).

Baixo as seguintes condicións:

Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia compulsada da seguinte documentación:

a) Documento notarial da transmisión ou doazón.

b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.

Segunda. Transcorrido o prazo indicado na condición primeira sen ter achegada a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.

Terceira. A nova titular da concesión queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compravenda en escritura pública.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, no prazo dun (1) mes, ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous (2) meses, contados en ambos os casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 25 de agosto de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo