Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36566

IV. Oposicións e concursos

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se publica a relación de prazas desertas no ámbito territorial de Galicia que se ofrecen aos aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso por promoción interna, no corpo de tramitación procesual e administrativa convocado pola Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo.

De conformidade co establecido na base décimo novena da Orde JUS/291/2019, do 4 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 15 de marzo), pola que se establecen as bases comúns que rexerán os procesos selectivos para ingreso ou acceso aos corpos de funcionarios ao servizo da Administración de xustiza, e mais na base 8.1.a) da Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo (Boletín Oficial del Estado do 8 de abril), pola que se convoca proceso selectivo para ingreso polo sistema xeral de acceso por promoción interna no corpo de tramitación procesual e administrativa da Administración de xustiza, resólvese:

Primeiro. Facer pública a relación das prazas desertas no ámbito territorial de Galicia (anexo I) que se ofrecen aos aspirantes que superaron o proceso selectivo para ingreso, polo sistema xeral de acceso por promoción interna, no corpo de tramitación procesual e administrativa convocado pola Orde JUS/404/2019, do 21 de marzo.

Segundo. As solicitudes de destino dos aspirantes deste ámbito presentaranse na Dirección Xeral de Xustiza, rúa Madrid, 2-4, 15781 Santiago de Compostela, ou polos medios previstos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (Boletín Oficial del Estado do 2 de outubro), no prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir da publicación da relación definitiva de aprobados no Boletín Oficial del Estado, segundo o establecido na base 8.1.a) da convocatoria do proceso selectivo, mencionada anteriormente.

Terceiro. As solicitudes formalizaranse segundo o modelo que aparece como anexo II desta resolución, de acordo coas seguintes instrucións:

– No modelo de instancia poderá relacionarse ata o máximo das prazas ofertadas, e indicarase a descrición da unidade, a función, a localidade e mais a provincia.

– No caso de non lle corresponder ningún dos destinos especificados desta forma por non solicitar un número suficiente de prazas, seguirase a orde de preferencia por provincias que os interesados indiquen no modelo de solicitude.

– Dentro de cada provincia, os destinos serán adxudicados pola seguinte orde:

1. Tribunal Supremo e órganos centrais.

2. Tribunais superiores de xustiza.

3. Audiencias provinciais.

4. Fiscalías.

5. Relacións de postos de traballo da oficina xudicial na capital de provincia onde estea implantada.

6. Institutos de medicina legal.

7. Decanatos e servizos comúns.

8. Xulgados de instrución.

9. Xulgados do penal.

10. Xulgados de vixilancia penitenciaria.

11. Xulgados de violencia sobre a muller.

12. Xulgados de primeira instancia.

13. Xulgados do mercantil.

14. Xulgados do contencioso-administrativo.

15. Xulgados do social.

16. Xulgados de primeira instancia e instrución.

17. Xulgados de menores.

18. Xulgados de paz.

19. Relacións de postos de traballo da oficina xudicial na localidade onde estea implantada.

Cuarto. Procederase á adxudicación de destinos segundo a orde obtida en todo o proceso selectivo.

Quinto. Ningún aspirante poderá anular nin modificar a súa solicitude unha vez rematado o prazo de presentación destas.

Sexto. De non formular solicitude de prazas ou non lle corresponder ningunha das solicitadas, procederase a destinalo, con carácter forzoso, a calquera das prazas non adxudicadas.

Sétimo. A adxudicación dos destinos farase con carácter forzoso, de acordo coa orde de puntuación obtida nas probas selectivas no ámbito de Galicia.

Oitavo. Os destinos adxudicados terán carácter definitivo equivalente para todos os efectos aos obtidos por concurso, sen que poidan participar neste mentres non transcorran dous anos desde a data da resolución en que se lles adxudique destino definitivo. Para o cómputo dos dous anos atenderase ao establecido no parágrafo segundo do artigo 529.3 da Lei orgánica 6/1985, do 1 de xullo, do poder xudicial.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante a Dirección Xeral de Xustiza da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo, no prazo dun mes, segundo o establecido nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben recurso contencioso-administrativo ante os xulgados centrais do contencioso-administrativo no prazo de dous meses, segundo o disposto no artigo 9 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, ambos os prazos contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO I

Tramitación procesual e administrativa. Quenda de promoción interna

Descrición da unidade

Función

Localidade

Provincia

Comunidade Autónoma

Nº de prazas

Decanato. Serv. Común de Apoio Lugo

Tramitación procesual

Lugo

Lugo

Galicia

1

Decanato. Serv. Común de Apoio Lugo

Tramitación procesual

Lugo

Lugo

Galicia

1

Decanato. Serv. Común de Apoio Lugo

Tramitación procesual

Lugo

Lugo

Galicia

1

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file