Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 190 Venres, 18 de setembro de 2020 Páx. 36589

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia segunda e Consellería de Economía, Empresa e Innovación

RESOLUCIÓN do 8 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se conceden as autorizacións administrativas previa e de construción a instalacións eléctricas no concello de Ourense (expediente IN407A 2020/004-3).

Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e da autorización administrativa de construción das instalacións eléctricas que a seguir se describen, tal e como se recollen nos proxectos asinados polo enxeñeiro técnico industrial Miguel Ángel Pérez Camiña, colexiado número 330 do Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos Industriais de Ourense, en Ourense os días 17.7.2019 e 14.4.2020 e visados RG190289 e RG200012.

Solicitante: Conductores Eléctricos Revi, S.A., CIF A32029613.

Enderezo: estrada de Castro de Beiro, nº 25, Quintela de Canedo, Ourense.

Denominación: LMTS e CS para alimentación CT (IN407A 2020/005-3) fábrica.

Situación: rúa Canella de Abaixo, concello de Ourense (Ourense).

Orzamento: 81.118,51 €.

Características técnicas: LMT soterrada de 360 m en condutor de illamento seco tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, con entrada e saída no centro de seccionamento (CS) proxectado, desde a LMT a CT estrada Barra de Miño (32CN58) da VLL809, e final na LMT a CT Río Cerves 4 (32SDL0) da VLL809. CS proxectado na rúa Canella de Abaixo, con celas de entrada e saída, de protección, e cela de cliente.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e os regulamentarios previstos no capítulo II, título VII, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais, esta xefatura territorial resolve:

Conceder a autorización administrativa previa e a autorización administrativa de construción ás devanditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ao proxecto arriba sinalado e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo das concesións e autorizacións que sexan necesarias, de acordo con outras disposicións que resulten de aplicación e en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de seis meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o vicepresidente segundo e conselleiro de Economía, Empresa e Innovación no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se considere pertinente.

Ourense, 8 de setembro de 2020

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense