Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 21 de setembro de 2020 Páx. 36811

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala técnica de facultativos, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Mediante a Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 118, do 17 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala técnica de facultativos, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2, convocado pola Orde do 4 de novembro de 2019 (Diario Oficial de Galicia núm. 213, do 8 de novembro).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas ao proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo de grao medio da escala técnica de facultativos, especialidade terapia ocupacional, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de xeito definitivo que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, DNI electrónico ou Chave365.

Para a devolución do importe ingresado por aqueloutras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito en que faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a súa localidade ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Cota específica base I.1.1.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Jurado Pérez, Mercedes

***8233**

85

Acceso xeral.

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Blázquez Nieto, María Jéssica

***1767**

83

Brea Núñez, Adrián

***8499**

20

Fernández Solana, Jéssica

***6319**

85

García Borja, Alfonso

***4559**

83

García Galán, Elia

***2904**

20

Lorenzo Pazos, Berta

***2882**

20

Márquez Álvarez, Luis Javier

***8264**

20

Miragaya Carballal, Silvia

***5898**

87

Nogueira López, Almudena

***6357**

20

Renilla Martín, Andrea

***3243**

83

Rodríguez Martín, Samuel

***1606**

20

Santos Jiménez, Ana María

***2071**

20

Sanz de Frutos, Nuria

***0392**

20

Simón Riveiro, Ana Belén

***1244**

20

Vaqueiro Álvarez, María Carmen

***0466**

83

Cód.

Causa da exclusión

20

Pendente de presentar/pendente de realizar o pagamento

83

Non cumpre a condición de familia numerosa xeral

85

Non cumpre a condición de discapacidade

87

Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego