Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 21 de setembro de 2020 Páx. 36799

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 14 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se aproban e se fan públicas as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos, especialidade psicoloxía, da Administración especial de Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Mediante a Resolución do 25 de maio de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública (Diario Oficial de Galicia núm. 118, do 17 de xuño), aprobáronse as listaxes provisionais de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1, convocado pola Orde do 22 de novembro de 2019 (DOG núm. 227, do 28 de novembro).

Unha vez transcorrido o prazo para a presentación de reclamacións sobre as ditas listaxes, de conformidade co artigo 12 do Regulamento de selección de persoal da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, e coa base I.4.2 das que rexen o proceso selectivo, esta dirección xeral,

RESOLVE:

Aprobar as listaxes definitivas de persoas admitidas e excluídas no proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de acceso libre e promoción interna, no corpo facultativo superior da escala de facultativos, especialidade psicoloxía, de Administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

A listaxe definitiva de persoas aspirantes admitidas poderase consultar no portal web corporativo funcionpublica.xunta.gal

A listaxe definitiva de persoas aspirantes excluídas, con indicación da causa determinante da súa exclusión, figura como anexo a esta resolución.

A Administración devolverá de oficio o importe ingresado en concepto de dereitos de exame a aquelas persoas aspirantes excluídas de xeito definitivo que, de acordo coa base I.3, realizaron o pagamento con certificado dixital da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre, DNI electrónico ou Chave365.

Para a devolución do importe ingresado por aqueloutras persoas aspirantes que non fixeron constar eses datos e figuren nesta resolución como excluídas, será necesaria a presentación dun escrito en que faga constar o número de conta (24 díxitos), a entidade bancaria e a súa localidade ou dun certificado expedido pola entidade en que figuren eses datos. Esta documentación deberá ser presentada no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia e deberá ser dirixida ao Servizo de Selección da Dirección Xeral da Función Pública.

De conformidade co disposto na base I.3, non procederá a devolución do importe aboado en concepto de dereitos de exame nos supostos de renuncia a participar no proceso das persoas aspirantes admitidas provisional ou definitivamente.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública, no prazo dun (1) mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou poderase interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses, contados desde a mesma data, de conformidade co disposto no artigo 8.2 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, en relación co artigo 10.1 do mesmo texto legal.

Santiago de Compostela, 14 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Relación de persoas aspirantes excluídas

Cota específica base I.1.1

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Gago Álvarez, María José

***4664**

85

Pérez Ouviña, Ángela

***4483**

85

Ruano Rodríguez, Ángela María

***8532**

85

Acceso xeral

Apelidos e nome

NIF

Motivo da exclusión

Alcaide Nadales, Javier

***5965**

20, 86, 87

Alonso Bouzón, Juan Manuel

***8889**

20

Alonso Fernández, María

***9931**

20

Alonso González, José Jesús

***6660**

20

Álvarez Gustinelli, Lucía Inés

***4182**

20

Álvarez Rubio, María del Pilar

***7912**

20

Andrade Robles, María Teresa

***4734**

20

Baldomir Millor, Patricia

***3649**

20

Bande López, Marta

***4000**

20

Besada Fernández, Rebeca Emma

***3631**

20

Campos González, Almudena

***8876**

20

Castro Carnero, Iria

***1043**

20

Castro Díaz, María Ángeles

***0276**

20

Fariñas Iglesias, Borja

***7786**

20

Fernández Andión, Marina

***0280**

86, 87

Fernández López, Tania

***8321**

86

Figueira Calo, María Nieves

***6554**

20

Fraga Rodríguez, Leticia

***8537**

20

García García, Patricia

***2372**

20

González León, Dorinda

***8015**

20

Hernández Martín, María José

***6977**

20

Herránz Vázquez, Irene

***4654**

20

Irisarri Vázquez, Fabiola

***5261**

20

Lema Tilve, Aloia

***2467**

20

López Suárez, Eva

***8173**

43

Lorenzo Porto, Sonia

***2730**

20

Loureiro Otero, Josefa

***7251**

20

Macías Virgos, Xabier

***2433**

10, 20

Martínez Álvarez, Alba María

***0205**

20

Martínez González, Sonia

***3215**

20

Miravalles González, Pilar

***5573**

86, 87

Moreira Saporiti, Camila

***6133**

20

Moreno Castaño, Marta

***0389**

20

Moure Acuña, Paloma

***5045**

20

Moure González, Iria

***3370**

86

Muíño Acuña, María Victoria

***6285**

20

Noya Mesías, Silvia

***1081**

20

Núñez Iglesias, Sara

***1100**

86

Pais González, Ana

***1923**

20

Palacio Mejías, Cristina

***4334**

83

Pérez Fernández, Beatriz

***7618**

86, 87

Pérez González, Aldara

***7306**

86

Quintana Hernández, Ana

***4998**

87

Ramírez Troncoso, María Sandra

***7364**

20

Reboredo Guitián, Antonia

***7621**

86

Rey Paris, Wendy

***7709**

20

Río Pombo, Adhara

***8633**

86, 87

Rodríguez Guimarey, María

***6919**

20

Rodríguez Porto, Liliana

***7494**

20

Romero Crusat, Juan José

***1539**

20

Ruiz Castro, Francisco Javier

***2198**

20

Sánchez Barrena, Juan Alfonso

***6382**

20

Sánchez Fraga, Mar

***4211**

86

Sánchez López, María Ana

***2218**

86, 87

Santomé Parcero, Marta

***1329**

86

Scuro Rossi, Alejandro Boris

***3082**

85

Silva Álvarez, Noemí

***4393**

20

Silva Castromil, Pedro

***6863**

20

Soares de Freitas, Railany

***7899**

86, 87

Sotelo Estévez, Laura

***1251**

20

Vidal Zapatero, Esther

***9060**

20

Cód.

Causa da exclusión

10

Instancia fóra de prazo

20

Pendente de presentar/pendente de realizar o pagamento

43

Desistencia da solicitude

83

Non cumpre a condición de familia numerosa xeral

85

Non cumpre a condición de discapacidade

86

Non cumpre a condición de demandante de emprego 6 meses antes da convocatoria

87

Non cumpre a condición de non percibir prestación ou subsidio por desemprego