Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 191 Luns, 21 de setembro de 2020 Páx. 36869

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello do Pereiro de Aguiar

ANUNCIO de expropiación forzosa, determinación e pagamento do prezo xusto por procedemento de taxación conxunta nos Gozos (expediente 471/20).

Data de iniciación: 3.3.2020.

Aprobado inicialmente, mediante Acordo do Pleno do 4 de setembro de 2020, o proxecto de expropiación por taxación conxunta dunha porción de terreo de 2.608 m² clasificado como solo de núcleo rural (Ordenanza 4) e cualificado como dotacional segundo a documentación gráfica do PXOM vixente aprobado definitivamente o día 13 de maio do ano 2000 (BOP nº 119, do 26 de maio) (planos nº N-1.7 e N-0.52), delimitado perfectamente no proxecto técnico redactado, que forma parte da parcela 273 do polígono 77 (referencia catastral nº 32059A077002730000OT), sita no lugar dos Gozos nº 46, parroquia de Santa Marta de Moreiras, e que dispón dunha superficie total de 6.899 m²; estando unha parte del vinculada ao centro de día-residencia existente e a parte restante formando parte da vía pública, coa finalidade de vinculalo ao desenvolvemento do centro de día que existe na actualidade e poder situar nel actividades de esparexemento e recreo, complementarias ao equipamento asistencial, que se tramita neste concello en favor deste último, de conformidade cos artigos 118 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 201 e seguintes do Regulamento de xestión urbanística, aprobado polo Real decreto 3288/1978, do 25 de agosto, sométese á información pública polo prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o devandito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes. Así mesmo, estará á disposición dos interesados na sede electrónica deste concello [https://concellopereiro.sedelectronica.gal].

O Pereiro de Aguiar, 11 de setembro de 2020

Luis Menor Pérez
Alcalde