Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 22 de setembro de 2020 Páx. 36917

III. Outras disposicións

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 10 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, pola que se dá publicidade aos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Darlle publicidade á relación dos convenios subscritos pola Consellería do Mar, nos meses de maio, xuño, xullo e agosto de 2020, que se incorpora no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2020

María Isabel Concheiro Rodríguez-Segade
Secretaria xeral técnica da Consellería do Mar

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería do Mar nos meses
de maio, xuño, xullo e agosto do ano 2020

Descrición

Importe

Data

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Provincial de Confrarías de Pescadores de Pontevedra, co fin de financiar os investimentos que leve a cabo a institución para acadar os obxectivos básicos de fomento da organización sectorial e mellora da competitividade.

16.000 €

26.5.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asociación Empresarial Galega de Carpintería de Ribeira, mediante o que se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización e fomento da carpintaría de Ribeira durante o ano 2020.

30.000 €

29.5.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial, mediante o cal se canaliza unha subvención de concesión directa para a realización de actividades de dinamización das embarcacións tradicionais durante o ano 2020.

28.500 €

4.6.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Asemblea da Comunidade Autónoma de Galicia da Cruz Vermella Española para colaboración en materia de salvamento marítimo e loita contra a contaminación.

30.000 €

10.6.2020

Acordo de colaboración entre a Consellería do Mar e a Axencia Galega da Calidade Alimentaria para a supervisión do organismo de control da DOP Mexillón de Galicia/Mejillón de Galicia.

Sen custo económico

22.6.2020

Protocolo xeral de actuación entre o Servizo Galego de Saúde e a Consellería do Mar para o control do COVID-19 nos efectivos destinados no Servizo de Gardacostas de Galicia.

Sen custo económico

10.7.2020

Convenio de colaboración entre a Consellería do Mar e a Cooperativa de Armadores de Pesca del Puerto de Vigo, Sociedad Cooperativa Gallega (Arvi), para a organización da VII Conferencia Internacional Arvi sobre o futuro da Pesca en 2020.

18.549,30 €

5.8.2020