Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 192 Martes, 22 de setembro de 2020 Páx. 36949

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 5074/2019-RCUD 242/2020-S).

Eu, José Andrés Salgado Fernández, letrado da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza da Coruña, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5074/2019 desta sección, seguido por instancia de Ambuibérica, S.L. contra o Fogasa, Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U. e Roberto Porto Castro, sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Dilixencia de ordenación do letrado da Administración de xustiza José Andrés Salgado Fernández.

A Coruña, 31 de agosto de 2020

O anterior escrito subscrito polo letrado Ricardo Pérez Seoane, en representación da entidade mercantil Ambuibérica, S.L., únese ao recurso da súa razón.

Dáse por interposto o recurso de casación para a unificación de doutrina. Fórmese parte separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala e emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado, ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días; a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., que se encontra en paradoiro descoñecido, a través do Diario Oficial de Galicia.

Unha vez verificado, remítanse as actuacións ao devandito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníquese ao Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para a unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe recurso ningún. O letrado da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en forma legal a Ambunova Servicios Sanitarios, S.L.U., en paradoiro ignorado, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 31 de agosto de 2020

O letrado da Administración de xustiza