Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37040

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 28/2020).

ETX. Execución de títulos xudiciais 28/2020

Procedemento de orixe: PO. Procedemento ordinario 137/2017

Sobre ordinario

Demandante: Verónica Casal Senín

Avogado: Juan Antonio Sanesteban Díaz

Demandados: Fogasa, José Manuel Sande Peón

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que na execución seguida neste xulgado co número 28/2020, por instancia de Verónica Casal Senín contra o executado José Manuel Sande Peón, sobre reclamación de cantidade, se ditou o día 2 de setembro de 2020 decreto de insolvencia no sentido de declarar o executado en situación de insolvencia total por importe de 4.103,13 euros de principal máis 936,41 euros en concepto de xuros de mora, máis 503,95 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional. De conformidade co artigo 276.5 da Lei de procedemento laboral, expido este edicto para a súa inserción no boletín ao seu cargo.

Santiago de Compostela, 2 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza