Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37072

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se publica a Resolución do 14 de setembro de 2020, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2020/21.

No Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 21 de xullo de 2020, publícase a Orde do 6 de xullo de 2020 pola que se establecen as bases para a concesión de prazas nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social e se convocan para o curso académico 2020/21, en réxime de concorrencia competitiva.

O número de prazas convocadas e a súa distribución por residencias son as seguintes:

Cidade

Residencia

Núm. prazas

Lugo

Centro Residencial Xuvenil LUG

74 home/muller

Ourense

Florentino López Cuevillas

55 home/muller

Vigo

Altamar

87 home/muller

Do total de prazas resérvase un 9 % para mozos e mozas que desempeñen unha actividade profesional. No suposto de que non se cubran todas as prazas reservadas a persoas que desenvolvan unha actividade profesional coas solicitudes presentadas en prazo, as prazas restantes ofertaranse a estudantes.

No artigo 13 establecese que por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, a resolución de adxudicación das prazas, a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e a lista de agarda serán aprobadas e notificadas pola persoa que exerza a xefatura territorial de cada provincia onde radique a residencia xuvenil no prazo máximo de catro meses, contados desde o día seguinte ao da publicación da convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Transcorrido o prazo para resolver e notificar sen que se dite resolución expresa, deberá entenderse desestimada a solicitude correspondente. As ditas relacións notificaranse de acordo co establecido no artigo 17.

Na disposición derradeira primeira, apróbase a delegación de competencias da persoa titular da Consellería de Política Social na persoa titular da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en función do seu respectivo ámbito territorial, para resolver a adxudicación das prazas e a perda do dereito nas residencias xuvenís dependentes da consellería.

De conformidade co disposto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e nos artigos 13 e 17 da referida Orde do 6 de xullo de 2020, a resolución será obxecto de publicación no Diario Oficial de Galicia. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.net, con carácter complementario.

Polo exposto, e no ámbito da competencia territorial,

RESOLVO:

Primeiro. Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido íntegro da Resolución do 14 de setembro de 2020, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiarias das prazas e excluídas no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2020/21, e na páxina web http://xuventude.net, que figura recollida no anexo.

Segundo. Comunicar que a Resolución do 14 de setembro de 2020 pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpor recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnala directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Lugo, 15 de setembro de 2020

Cristina Abades Martínez
Xefa territorialde Lugo

ANEXO

Resolución asinada o día 14 de setembro de 2020, ditada nos procedementos BS303B prazas de residencias xuvenís para estudantes e BS303D prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras, da Xefatura Territorial de Lugo da Consellería de Política Social, pola que se aproba a relación definitiva de persoas beneficiaras das prazas e excluídas no Centro Residencial Xuvenil LUG para o curso académico 2020/21.

Convocada a oferta de prazas para os procedementos BS303B e BS303D nas residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso académico 2020/21 pola Orde do 6 de xullo de 2020 (DOG núm. 145, do 21 de xullo), e tendo en conta os seguintes

Antecedentes.

Primeiro. Con data do 14 de setembro de 2020, unha vez examinadas as solicitudes presentadas para o Centro Residencial Xuvenil LUG, a comisión cualificadora emitiu un informe a este órgano instrutor.

Segundo. No antedito informe, a comisión cualificadora indica que o número de solicitudes presentadas resultou ser inferior ao número de prazas convocadas e que todas elas corresponden ao procedemento BS303B (prazas de residencias xuvenís para estudantes), sen presentarse ningunha do procedemento BS303D (prazas de residencias xuvenís para persoas traballadoras). Non existe lista de agarda e si lista de excluídos.

Vistos os antecedentes citados e tendo en conta o disposto nos artigos 9 e 11 da citada orde e os demais preceptos normativos de xeral e pertinente aplicación, esta xefatura territorial,

RESOLVE:

Primeiro. Adxudicar as prazas e aprobar a relación definitiva dos procedementos BS303B e BS303D de persoas beneficiarias das prazas e de excluídas para o Centro Residencial Xuvenil LUG, para o curso académico 2020/21, que figuran nos anexos I e II, respectivamente, na presente resolución, á vista das solicitudes presentadas no prazo regulamentario, con base no artigo 1 e demais requisitos exixidos na convocatoria.

Segundo. Facer pública a dita relación mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Serán igualmente obxecto de publicidade a través da páxina web da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, http://xuventude.net, con carácter complementario.

Terceiro. Esta resolución pon fin á vía administrativa e contra ela pódese interpoñer recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que a ditou, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou impugnalas directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia (artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa).

Lugo, 14 de setembro de 2020. A conselleira de Política Social. P.D. (Artigo 13 da Orde do 6 de xullo de 2020; DOG núm. 145, do 21 de xullo). Cristina Abades Martínez, xefa territorial de Lugo.

ANEXO I

Persoas beneficiarias

Procedemento BS303B

BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes. Persoas beneficiarias:

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

1

Silva Rodríguez, Enrique

***9535**

2

Gómez Carro, Desirée

***3740**

3

Enríquez Pérez, Marta

***2848**

4

Espín De Almeida, Vanessa

***5018**

5

Rivera Meitín, Jorge

***8225**

6

León Nava, Daniel

***8461**

7

Romón Pazos, Joaquín

***2328**

8

Blanco Vilariño, Jaime

***9207**

9

Fusté Zaragoza, Claudia

***5717**

10

Laya Martínez, Jacobo

***6173**

11

No Lorman, Enrique

***0341**

12

Sanmartín Gutiérrez, Pablo

***0227**

13

Tato Penas, Rafael

***0048**

14

Rivera Balsa, Alba

***4698**

15

Díaz García, Álvaro

***2952**

16

López Vidal, María

***0420**

17

Gómez Barral, Cristina

***4624**

18

Enríquez Ramil, Selene

***0011**

19

Lefsahi, Mohamed

***3384**

20

Lefsahi, Ilyasse

***3380**

21

Gegunde Irimia, Nuria

***9000**

22

Rodríguez Rodríguez, Fernando

***9040**

23

Fernández Blanco, Christian

***9230**

24

González López, Marta

***9703**

25

Rodríguez Fariñas, Laura

***3085**

26

Fernández González, Iván

***5030**

27

Mosteiro Cagide, Virginia

***0169**

28

Doval Fornís, Claudia

***8434**

29

Vázquez Carregal, María

***4619**

30

Speranza de Jesús, Victoria Alejandra

***5187**

31

Romero Blanco, Raquel

***4112**

32

Mirad Boto, Lidia

***2409**

33

Fernández González, Laura

***8703**

34

López Fernández, Leticia

***9152**

35

Digón Zorila, Mireia Bianca

***8460**

36

Couceiro Bañol, Juan Diego

***1806**

37

Serrano Feal, Nicolás

***1792**

38

Rial Pérez, Pablo

***9874**

39

Álvarez Nicolino, Ángel

***3155**

40

Lago López, Alba

***9009**

41

Boughaba Álvarez, Sara Saidia

***1852**

42

Mirás Viña, Carlos Daniel

***0316**

43

Rey Silva, Alba

***0497**

44

López Casal, Uxía

***5872**

45

Camba Carrión, Joaquín

***5412**

46

Soto Areal, María

***9090**

47

Espárrago Rosón, Enrique

***9905**

48

Dos Santos Ferreira, Camila Cristina

***2596**

49

Varela Lagares, Rocío

***1372**

50

Delpueblo López, Miguel

***0221**

51

Diéguez Lajos, Martín

***5999**

52

Cascón Padrón, Jorge

***6426**

53

Mosquera Fraga, Candela

***5076**

54

De Lorenzo Serrano, Lucía

***1749**

55

Simón Certal, Miguel

***7610**

56

Miraz Fungueiriño, Víctor

***2596**

57

Fernández Cancio, Noelia

***5072**

58

Fernández Caballero, Asier

***1198**

59

Buceta López, Carla

***0068**

60

Estévez Pivida, Marta

***1374**

61

Bernárdez Vázquez, Rubén

***4131**

ANEXO II

Excluídos/as

Procedemento BS303B

BS303B Prazas de residencias xuvenís para estudantes. Persoas excluídas:

Nº orde

Apelidos e nome

DNI

Causa exlusión

1

Jamardo González, Naira

***5515**

Presentación da solicitude fóra de prazo