Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 193 Mércores, 23 de setembro de 2020 Páx. 37005

III. Outras disposicións

Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

RESOLUCIÓN do 15 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre de 2020.

Consonte o establecido no artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), publícase no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a este mandato,

DISPOÑO:

Artigo único. Dar publicidade dos convenios subscritos pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade no segundo cuadrimestre do ano 2020, que se incorporan como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2020

Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos pola Consellería de Infraestruturas
e Mobilidade no segundo cuadrimestre de 2020

Descrición

Data de sinatura

Importe

Convenio de colaboración entre a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia e o Concello de Barbadás, para o establecemento de accións de promoción da utilización do transporte público no concello de Barbadás.

26.6.2020

Addenda ao convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia e o Concello de Arteixo, con data do 29 de abril de 2019, para a implantación dun servizo de interese municipal no concello de Arteixo dentro do marco do Convenio de transporte metropolitano da Área de transporte metropolitano da Coruña.

10.7.2020

Addenda modificativa ao convenio subscrito o día 31 de maio de 2018 entre a Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia, o Concello de Vigo e a Entidade Pública Empresarial Adif-Alta Velocidad, para a execución dos accesos e nova vialidade urbana da contorna da estación intermodal de Vigo.

3.8.2020

3.414.464,60 €