Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Venres, 25 de setembro de 2020 Páx. 37297

III. Outras disposicións

Fondo Galego de Garantía Agraria

RESOLUCIÓN do 16 de setembro de 2020 pola que se dá publicidade dos convenios de colaboración subscritos no segundo cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (DOG núm. 30, do 15 de febreiro), impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios de colaboración subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esa obriga,

DISPOÑO:

Artigo único

Dar publicidade á relación dos convenios subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no segundo cuadrimestre do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 16 de setembro de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director do Fondo Galego de Garantía Agraria

ANEXO

Convenios de colaboración subscritos polo Fondo Galego de Garantía Agraria (Fogga) no segundo cuadrimestre do ano 2020

Título

Obxecto

Data de sinatura

Achega económica
da consellería (€)

Addenda de modificación e prórroga do convenio de colaboración entre a Fundación Juana de Vega e a Consellería do Medio Rural para a coordinación, organización e funcionamento dos grupos de traballo sobre o sector lácteo creados pola Consellería e a elaboración da estratexia de dinamización do sector lácteo galego.

Modificar o obxecto do convenio, engadindo expresamente dúas actividades complementarias, derivadas directamente dos estudos e análises realizados no seo das actividades desenvolvidas no convenio orixinal e prorrogar a súa duración.

31.7.2020

20.000 euros para a anualidade 2020 e 55.000 euros para a anualidade 2021