Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37420

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 17 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se fai pública a lista definitiva das prazas concedidas para persoas colaboradoras ao abeiro da Resolución do 1 de xullo de 2020 (Diario Oficial de Galicia, do 10 de xullo), pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21, e pola que se procede á súa convocatoria (código de procedemento DE400A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 137, do pasado 10 de xullo, publícase a Resolución do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21, establecéndose no seu artigo 5 un prazo límite de presentación das solicitudes ata o día 11 de agosto de 2020.

Rematado o prazo de solicitudes, publícase na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte deporte.xunta.gal, a lista provisional de avaliación de solicitudes admitidas, excluídas e pendentes de emenda, presentadas ao abeiro da mencionada resolución de convocatoria o día 3 de setembro de 2020, establecendo un prazo de dez (10) días para a formulación de alegacións, emendar erros ou achegar documentación.

Rematado o prazo de alegacións e modificadas, de ser o caso, as puntuacións dos solicitantes, a Comisión de Selección formula a proposta de resolución definitiva.

Acreditadas as actuacións levadas a cabo pola Comisión de Selección a que se refire o artigo 12 da Resolución do 1 de xullo de 2020, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de bolsas, en réxime de concorrencia competitiva, para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21 (DOG núm. 137, do 10 de xullo), e as propostas formuladas por esta, logo do estudo detallado das solicitudes formuladas comprobando a concorrencia dos requisitos requiridos, tal e como queda documentado na acta redactada con ocasión da sesión de traballo levada a cabo con data do 16 de setembro de 2020, e vista a proposta formulada pola citada Comisión de Selección e, unha vez examinadas as alegacións presentadas, en virtude das atribucións que me foron conferidas,

RESOLVO:

Primeiro. Estimar as solicitudes para persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21, sita en Pontevedra, que se recollen no anexo I desta resolución, ordenadas alfabeticamente, unha vez aplicados os criterios establecidos no artigo 9 das bases reguladoras do procedemento.

Segundo. Desestimar as solicitudes de persoas colaboradoras na residencia do Centro Galego de Tecnificación Deportiva para o curso 2020/21, sita en Pontevedra, que se recollen no anexo II desta resolución, ordenadas alfabeticamente, unha vez aplicados os criterios establecidos no artigo 9 das bases reguladoras do procedemento.

Terceiro. Estas listas publicaranse no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Secretaría Xeral para o Deporte http://deporte.xunta.gal/.

Cuarto. Esta resolución esgota a vía administrativa e contra ela pode interpoñerse un recurso potestativo de reposición perante a persoa titular da Secretaría Xeral para o Deporte, no prazo dun (1) mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigo 123 e 125 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben, un recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous (2) meses contados a partir do día seguinte ao da súa publicación, segundo dispoñen os artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 17 de setembro de 2020

José Ramón Lete Lasa
Secretario xeral para o Deporte

ANEXO I

Lista de solicitudes admitidas para persoas colaboradoras no CGTD

Solicitante colaborador

Nova/renova

Total puntos

Observacións

1

Rey López, Mario

Renova

13,00

 

2

García Vidal, Miryan

Renova

12,00

 

3

Escariz Mella, Carmen

Nova

7,00

 

4

Gómez Reyes, Juan Sebastián

Nova

7,00

 

5

Pan Veiras, Berta

Nova

7,00

 

6

Romero Rey, Iria

Nova

7,00

 

ANEXO II

Lista de solicitudes desestimadas para persoas colaboradoras no CGTD

Solicitante colaborador

Nova/renova

Total puntos

Observacións

1

Castro Velasco, Saúl

Nova

1,00

2

Otero Fernández, Andrea

Nova

1,00