Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 196 Luns, 28 de setembro de 2020 Páx. 37481

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 24 de setembro de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se nomea o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral de Comunidade Autónoma de Galicia.

Unha vez convocado o proceso selectivo para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, mediante a Orde da Consellería de Facenda do 20 de febreiro de 2019, publicada no Diario Oficial de Galicia número 39, do 25 de febreiro, e de conformidade co establecido nas bases da devandita convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Nomear o tribunal que deberá cualificar o proceso para o ingreso na escala de auxiliares de clínica, subgrupo C2, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, coa composición que se relaciona no anexo.

Santiago de Compostela, 24 de setembro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Subgrupo C2, escala de auxiliares de clínica, do corpo de auxiliares de carácter técnico de administración especial da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia

Tribunal titular:

Presidencia:

– Regina Martín de Vidales Santiago, persoal estatutario de xestión e servizos do Servizo Galego de Saúde.

Secretaría:

– José Manuel Romero García, persoal funcionario do corpo superior da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A1.

Vogais:

– María Sofía Couselo Lamas, persoal funcionario do corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1.

– Víctor Manuel Patiño Grela, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

– Óscar Navas Aranda, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Paula Boga Veiras, persoal estatutario de xestión e servizos do Servizo Galego de Saúde.

Secretaría:

– Ángel Romero Baleirón, persoal funcionario do corpo de xestión da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo A2.

Vogais:

– María Pico Seijas, persoal estatutario de xestión e servizos do Servizo Galego de Saúde.

– Eva Veiga Aira, persoal funcionario do corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2.

– Pablo Antonio Pía Castiñeira, persoal funcionario do corpo de profesores de ensino secundario.