Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37701

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Quiroga

ANUNCIO do proceso de provisión dunha praza de persoal laboral fixo de acordo co cadro de persoal aprobado polo Pleno da Corporación o 9 de marzo de 2020 e aprobación da oferta de emprego público para o ano 2020.

A Xunta de Goberno Local, en sesión celebrada o día 4 de setembro de 2020, adoptou os seguintes acordos:

1. Iniciar o proceso de provisión dunha praza de persoal laboral fixo, asimilada ao subgrupo C1, mediante concurso-oposición, de acordo co cadro de persoal aprobado polo Pleno da Corporación con data do 9 de marzo de 2020.

2. Aprobar a oferta de emprego público para o ano 2020, referida ás prazas que se indican:

A. Tipo de persoal: laboral.

B. Contrato: fixo.

C. Denominación: técnico de actividades deportivas.

D. Grupo asimilación: grupo C1.

E. Vacantes: unha (1).

F. Forma de provisión: concurso-oposición.

Quiroga, 8 de setembro de 2020

Julio Álvarez Núñez
Alcalde