Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 197 Martes, 29 de setembro de 2020 Páx. 37698

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Xurado de Expropiación de Galicia

CÉDULA do 11 de setembro de 2020 pola que se notifican os acordos que fixan o prezo xusto de varios predios (expediente 2019001163 e quince máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e dado que non foi posible practicar a notificación,

DISPOÑO:

1. Notificarlles mediante esta cédula ás persoas que se relacionan no anexo os actos do Xurado de Expropiación de Galicia que se citan, das datas que nel se recollen.

2. Contra estas resolucións, que esgotan a vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso potestativo de reposición, ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015. As persoas interesadas poderán tamén interpoñer directamente o recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación ou publicación desta cédula no TEU do BOE, de conformidade cos artigos 10.1.i), 14.1 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. A interposición do recurso potestativo de reposición impide a interposición simultánea do recurso contencioso-administrativo, que non poderá interpoñerse ata que sexa resolto o recurso de reposición ou se entenda presuntamente desestimado. O texto íntegro do acordo referido nesta cédula está á disposición dos interesados nas dependencias do Xurado de Expropiación de Galicia, con enderezo na rúa Avelino Pousa Antelo, 1, 15781 Santiago de Compostela.

3. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no TEU do BOE.

4. En consecuencia, para que conste e lles sirva de notificación ás persoas expropiadas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 11 de setembro de 2020

Patricia Ulloa Alonso
Presidenta do Xurado de Expropiación de Galicia

ANEXO

Proxecto: 01867, imposición servidumes paso de bens e dereitos afectados polo poliduto e instalacións auxiliares para descarga de cru no porto exterior punta Langosteira.

Concello: Arteixo.

Provincia: A Coruña.

Expropiante: Consellería de Economía, Emprego e Industria. Xefatura Territorial da Coruña.

Beneficiaria: Repsol Petróleo, S.A.

Acto notificado: resolución de fixación de prezo xusto.

Persoas que se notifican

Data acto que se notifica

Nº expediente

Predio

Prezo xusto (€)

Codex-Construcciones, Derribos y Excavaciones, S.C.L.

Santiago Vázquez Pan

Dolores Vázquez Pan e outros

María Vázquez Pan e outras

Santiago Vázquez Pan

Dolores Vázquez Pan e outros

Santiago Vázquez Pan

Dolores Vázquez Pan e outros

Hros. Juan Martínez

Teresa Ferreiro Calvelo

Concepción Calvelo Alvedro

Hros. Nieves Vázquez Ferreiro

Dolores Gestal Pan

Bernardo Gestal Pan

Modesto Gestal Pan

José Segade Vázquez

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

12.3.2020

2019001163

2019001157

2019001157

2019001155

2019001155

2019001155

2019001153

2019001153

2019001159

2019001130

2019001129

2019001125

2019001143

2019001142

2019001141

2019001140

C-AR-94

C-AR-88

C-AR-88

C-AR-81

C-AR-81

C-AR-81

C-AR-78

C-AR-78

C-AR-90

C-AR-18

C-AR-13

C-AR-3

C-AR-47

C-AR-46

C-AR-45

C-AR-42

3.546,27

2,11

2,11

668,05

668,05

668,05

2.793,20

2.793,20

557,59

1.338,23

2.137,63

221,82

80,98

3.661,80

147,55

4,13