Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37994

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A.

ANUNCIO polo que se fai pública a apertura de determinadas listas para a incorporación de novos/as candidatos/as ou actualización de méritos no sistema de listas previas para a selección de persoal temporal, así como o peche daqueloutras que contan cun excesivo número de persoal inscrito.

O director xerente de Seaga, en virtude das competencias atribuídas polo Consello de Administración, anuncia a apertura do prazo de actualización de méritos e/ou incorporación de novos/as candidatos/as a diversas categorías profesionais do sistema de listas previas para a selección de persoal temporal da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), así como o peche de determinadas listas ante a existencia dun excesivo número de persoal inscrito nelas.

A información relativa a este anuncio está exposta na sede da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), sita no polígono industrial do Tambre, Vía Marconi, nº 14, 15890 Santiago de Compostela, e na páxina web de Seaga (www.epseaga.com).

Santiago de Compostela, 23 de setembro de 2020

Pablo Arbones Maciñeira
Director xerente da Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga)