Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 198 Mércores, 30 de setembro de 2020 Páx. 37711

III. Outras disposicións

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

RESOLUCIÓN do 25 de setembro de 2020, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía o prazo de presentación de solicitudes da Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Mediante a Resolución do 22 de maio de 2020 (DOG núm. 108, do 4 de xuño), aprobáronse as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega das persoas galegas retornadas e dos seus descendentes, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

De conformidade co establecido no artigo 7 da devandita resolución, o prazo para a presentación de solicitudes remata o día 30 de setembro de 2020.

Próximo a rematar o prazo de presentación de solicitudes, e á vista das solicitudes presentadas, considérase oportuno ampliar o prazo de presentación de solicitudes.

RESOLVO:

Artigo 1. Ampliación do prazo de presentación de solicitudes

Ampliar ata o 30 de outubro de 2020, inclusive, o prazo de presentación de solicitudes previsto no artigo 7 da Resolución do 22 de maio de 2020 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións para promover o autoemprego e a actividade emprendedora na comunidade autónoma galega das persoas galegas retornadas, e se procede á súa convocatoria para o ano 2020.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración