Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38242

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 105/2020).

Eu, Mª Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais número 105/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Pisco Suárez, contra a empresa Ancora Hispania, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou auto con data do 10 de setembro de 2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispostiva

Dispoño: despachar orde xeral de execución do título indicado a favor da executante María Pisco Suárez, fronte a Ancora Hispania, S.L., parte executada.

Notifíquese ás partes, e a Ancora Hispania, S.L., por medio de edictos no DOG, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e no seu caso os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da/das infracción/s cometida/s na resolución, cumprimento ou incumprimento de orzamentos e requisitos procesuais exixidos e/ou oposición á execución despachada nos termos previstos no artigo 239.4 da Lei reguladora da xurisdición social, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0105 20. Se o ingreso faise mediante transferencia bancaria deberá ingresarse na conta número ES55 0049 3569 9200 0500 1274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta 5076 0000 64 0105 20. Se efectuare diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acorda e asina SSª. Dou fe.

A maxistrada xuíza A letrada da Administración de xustiza»

Igualmente ditouse dilixencia de ordenación, sinalando comparecencia, aco fin de oír as partes, que é do teor literal seguinte:

«Dilixencia de ordenación

Letrada da Administración de xustiza:

María Iria Román Vidarte.

En Santiago de Compostela, dez de setembro de dous mil vinte.

Presentando o/os traballador/es María Pisco Suárez exixindo o cumprimento polo empresario Ancora Hispania, S.L. da obrigación de readmisión, e despachándose auto de execución do 10 de setembro de 2020, de conformidade ao artigo 280 da LXS, acordo:

Citar de comparecencia as partes e o Fondo de Garantía Salarial coas advertencias legais e facéndolles saber que deben asistir cos medios de proba de que tenten valerse, e fixo o próximo día 26.10.2020 ás 13.03 horas para a celebración da comparecencia.

De non asistir o/os traballador/es ou persoa que o/os represente teranse por desistido/s na súa solicitude; se non o fixese o empresario ou o seu representante celebrarase o acto sen a súa presenza.

Así mesmo, acordo a citación do demandado por medio de edictos.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válida mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: mediante recurso de reposición que se interpoñerá ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución recorrida.

A letrada da Administración de xustiza»

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicación se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial e para a comparecencia sinalada, fanse as seguintes prevencións:

1º. A incomparecencia do executado, debidamente citado, non impedirá a celebración da comparecencia.

2º. Debe asistir á comparecencia con todos os medios de proba de que tente valerse (artigo 82.3 da LXS), e, no caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerase recoñecidos como certos os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado intervise neles persoalmente e a súa fixación como certos resúltelle prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teñan facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non interviñese nos feitos deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa destes. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

3º. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a tramitación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS (artigo 155.5 parágrafo 1º da LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados, e se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados, así mesmo deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

4º. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustificase a suspensión da comparecencia.

E para que sirva de notificación e citación a Ancora Hispania, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza