Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 200 Venres, 2 de outubro de 2020 Páx. 38272

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 18 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1173/2019-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, a proposta de resolución do expediente PSC-CO-1173/2019-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada a súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado, polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, nº 2, 5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da proposta de resolución e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, para formularen as alegacións e presentaren os documentos e informacións que xulguen oportunos. No mesmo prazo ponse o procedemento de manifesto para trámite de audiencia.

A Coruña, 18 de setembro de 2020

O xefe territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 6.11.2019; artigo 5.5 da Orde do 8.9.2017,
DOG núm. 180, do 21 de setembro)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº de expediente

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-1173/2019-PPM

53484112G

Proposta

Vilariño, 65, Cespón-Boiro

PSC-CO-1174/2019-PPM

53480374S

Proposta

Vilariño, 65, Cespón-Boiro