Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38600

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 8 de setembro de 2020, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifica un acto administrativo ditado no procedemento BS210A (expediente VI-62274).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións do acto administrativo que se relaciona no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e tendo en conta que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio emprazase para ser notificada a persoa interesada que se sinala no anexo, ou ao seu representante, do requirimento que se indica.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, a persoa interesada ou o seu representante debidamente acreditado poderá comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Consellería de Política Social sitas na praza da Estrela, s/n, 3º andar, de Vigo, en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida para todos os efectos legais a partir do día seguinte ao do vencemento do prazo indicado para comparecer.

Advírtese que no caso de requirimentos de documentación necesaria para a instrución do expediente, de non cumprir co requirido e de conformidade co establecido no artigo 35.2 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, o procedemento para a elaboración do programa individual de atención e a organización e funcionamento dos órganos técnicos competentes, e a norma de procedemento administrativo común, transcorridos tres (3) meses sen que a persoa realice as actividades esenciais requiridas para continuar a tramitación, a Administración declarará a caducidade do procedemento, acordándose o arquivamento das actuacións que lle será notificado á persoa interesada.

Vigo, 8 de setembro de 2020

María José Pérez-Izaguirre López
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/nº de expediente

DNI

Acto obxecto de notificación

Data do documento

BS210A/VI-62274

36025266K

Requirimento de documentación complementaria

5.11.2019