Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38604

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

EDICTO do 10 de setembro de 2020, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Ourense, polo que se publica a Resolución de 10 de setembro de 2020, relativa á revisión dos esbozos dos montes veciñales en man común de Portela, Outeiro e Veiga e o monte de Pazos, no concello de Muíños.

O Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común adoptou o seguinte acordo, baseándose nos feitos e consideracións legais que a seguir se expoñen:

Feitos:

Primeiro. Con data do 27 de xaneiro de 2017 a CMVMC de Pazos, no concello de Muíños, e a CMVMC de Touros presentaron un escrito dirixido ao Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común. Nel solicitaban que se corrixisen os esbozos das carpetas fichas dos MVMC de Portela, Outeiro e Veiga e do MVMC de Pazos, onde a Illa de Pazos pase a formar parte do MVMC de Pazos e a parcela do Valciño pase a formar parte do MVMC de Portela, Outeiro e Veiga.

Segundo. Logo de requrimento, o día 19 de decembro de 2018 foi presentada nova documentación polo presidente da CMVMC de Pazos no Rexistro Electrónico da Xunta de Galicia (nº 2018/3002741). Entre outra documentación, achegáronse as certificacións dos acordos das respectivas asembleas e a acta de conciliación do 14 de novembro de 2018 levantada no Xulgado de Paz de Muíños.

Terceiro. O Servizo de Montes elaborou unha proposta de revisión con data do 21 de outubro de 2019, na cal fai constar as seguintes consideracións:

MVMC Montes de Pazos: proponse incluír na cartografía deste monte o predio denominado Illa de Pazos, que figura incluído no esbozo integrado no expediente de clasificación do MVMC Portela, Outeiro e Veiga. Estes terreos correspóndense coa parcela con referencia catastral 32052A019006340000RY.

MVMC Portela, Outeiro e Veiga: proponse incluír na cartografía deste monte o predio denominado O Valciño, que figura incluído no esbozo integrado no expediente de clasificación do MVMC Montes de Pazos. Estes terreos correspóndense coas parcelas con referencia catastral 32052A019006270000RH, 32052A019006280000RW, 32052A019006290000RA e 32052A020002740000RT.

Consideracións legais e técnicas:

Único. A Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, na súa disposición transitoria décimo terceira, establece o procedemento de revisión de esbozos de montes veciñais en man común.

De acordo con ela, os esbozos de montes veciñais integrados nun expediente que, pola súa antigüidade non reúnan as características de fiabilidade e precisión que exixen as novas técnicas topográficas poderán ser obxecto de revisión axustándose e completándose con aqueles datos e documentos que se consideren necesarios, en particular, os requiridos para a súa inmatriculación no Rexistro da Propiedade.

De acordo cos feitos e fundamentos de dereito expostos, o Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común, de acordo coa proposta do Servizo de Montes do 21 de outubro de 2019, acordou por unanimidade o día 4 de febreiro de 2020:

Aprobar a proposta de revisión da cartografía dos montes veciñais en man común dos montes de Pazos e Portela, Outeiro e Veiga, no concello de Muíños.

Ourense, 10 de setembro de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Presidente do Xurado Provincial de Clasificación
de Montes veciñais en Man Común de Ourense