Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38607

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 21 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, polo que se notifica a resolución do expediente SAN-CO-0168/2019-MP.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio a resolución do expediente SAN-CO-0168/2019-MP.

Para coñecer o contido integro do acto que se notifica, a persoa interesada poderá comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, nas dependencias da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, Subdirección Xeral de Gandaría, situadas no Edificio Administrativo San Caetano, s/n, de Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida o día da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro do Medio Rural, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia, ou ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado no caso de non comparecencia, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Transcorrido este prazo sen ter presentado o dito recurso, esta resolución adquirirá carácter de firmeza en vía administrativa e será inmediatamente executiva de conformidade co previsto no artigo 90 da mesma norma xurídica.

Santiago de Compostela, 21 de setembro de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias

ANEXO

Expediente: SAN-CO-0168/2019-MP.

Interesado: 78503766M.

Acto de notificación: resolución.