Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38554

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda e Administración Pública

RESOLUCIÓN do 1 de outubro de 2020 pola que se convocan para a elección de destino provisional as persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (Diario Oficial de Galicia número 48, do 8 de marzo) e corrección de erros do Diario Oficial de Galicia número 55, do 19 de marzo.

De conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas e co obxecto de avanzar en facer efectivo o dereito da cidadanía a relacionarse electronicamente coas administracións públicas e a conseguinte obriga destas de dotarse dos medios e sistemas necesarios para que ese dereito poida exercerse, cómpre incorporar unha tramitación electrónica á fase de elección de destino das persoas aspirantes que superaron un proceso selectivo convocado pola Dirección Xeral da Función Pública.

A resolución dítase por delegación de conformidade co establecido na Orde do 8 de xaneiro de 2020 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública, publicada no DOG nº 16, do 24 de xaneiro.

Unha vez rematado o proceso selectivo para o ingreso, pola quenda de promoción interna, no corpo administrativo da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C1, convocado pola Orde do 1 de marzo de 2018 (DOG núm. 48, do 8 de marzo) e corrección de erros do DOG núm. 55, do 19 de marzo, acreditado o cumprimento dos requisitos exixidos nesta por parte das persoas aspirantes co obxecto de adxudicarlles destinos provisionais, e segundo a base IV.6 da convocatoria, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Ás persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo adxudicaráselles destino no mesmo posto que viñesen desempeñando con carácter definitivo sempre que figure na relación de postos de traballo aberto ao corpo da Administración xeral a que acceden.

Segundo. Publicar como anexo I a relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo e que, segundo a base IV.6, da convocatoria son convocadas á elección de destino provisional, segundo a orde que, en aplicación das bases da convocatoria, deberá seguirse para os efectos da adxudicación de destino.

Terceiro. Os postos ofertados e os requisitos esixidos para a súa ocupación figuran como anexo II desta resolución.

Cuarto. Para o acceso á aplicación informática para a elección de destino, a Dirección Xeral da Función Pública remitirá ás persoas aspirantes un correo electrónico co usuario e a clave de acceso á aplicación.

No prazo máximo de tres (3) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no DOG, a persoa aspirante, no suposto de que non recibise correctamente o seu usuario e clave, deberá poñerse en contacto co servizo informático da Dirección Xeral da Función Pública, no teléfono 881 999 883, para que se lle faciliten os datos necesarios.

Unha vez transcorrido o prazo sinalado no parágrafo anterior, abrirase un prazo de dez (10) días hábiles para que as persoas aspirantes que constan no anexo I desta resolución seleccionen telematicamente, a través do sistema electrónico, os destinos ofertados por orde de prelación.

A elección de destinos deberá realizarse a través do sistema electrónico a que se poderá acceder a través da páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal, seguindo a ruta «Función pública»–«Procesos selectivos».

Quinto. Para a selección de destinos as persoas aspirantes deberán acceder ao sistema electrónico e proceder da seguinte forma:

5.1. Accederá ao seu expediente electrónico.

5.2. A persoa aspirante deberá en primeiro lugar elixir entre as opcións «Escoller posto», «Renuncia» ou «Solicitude de excedencia».

5.3. De elixir a opción «Renuncia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia. A persoa aspirante que exerza esta opción quedará excluída do proceso e decaerá no seu dereito a ser nomeada persoal funcionario de carreira do grupo a que accede.

5.4. De elixir a opción «Solicitude de excedencia», deberaa presentar por escrito no rexistro da Xunta de Galicia.

5.5. A continuación, a persoa aspirante seleccionará, por orde de preferencia, os destinos que se ofertan.

Sexto. Ás persoas aspirantes que non presenten a súa solicitude de elección no prazo sinalado, ou seleccionen un número de prazas inferior ao da posición que ocupan no proceso e non se lles adxudique ningún destino ou non presentase a súa solicitude no xeito previsto nesta resolución, seranlles adxudicadas en destino provisional os postos que lles correspondan atendendo á orde de publicación destes e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación dos postos ás aspirantes presentes ou representadas, entre os que quedasen sen adxudicar.

Sétimo. As persoas aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia por prestación de servizos no sector público regulada no artigo 174 da Lei 2/2015, do 29 de abril, de emprego público de Galicia.

Oitavo. Finalizado o prazo para a elección de destinos, a aplicación efectuará a adxudicación automática de destinos, en función da quenda e orde de prelación acadada por cada persoa aspirante no proceso e atendendo á orde de preferencia na selección de destinos efectuada por esta.

A adxudicación provisional de postos resolverase mediante resolución da consellería competente en materia de función pública e publicarase no DOG.

As persoas aspirantes nomeadas funcionarios de carreira e adxudicatarias provisionais dos postos de traballo relacionados nesta resolución disporán do prazo dun mes para tomar posesión do seu destino, desde o día seguinte ao da publicación no DOG.

As persoas aspirantes que obteñan un destino provisional deberán optar as prazas que se oferten na elección de destino definitivo.

Noveno. Estará á disposición das persoas aspirantes información complementaria para a utilización da aplicación informática e a presentación das solicitudes de elección de destino, na páxina web da Dirección Xeral da Función Pública funcionpublica.xunta.gal

Décimo. Contra esta resolución, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda e Administración Pública no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados dende esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 1 de outubro de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO I

Relación de persoas aspirantes que superaron o proceso selectivo

NIF

Apelidos e nome

1

***0588**

Noguerol Gómez, Javier

2

***9965**

Garrido Hidalgo, María Rosa

3

***9918**

Varela Varela, Encarnación

4

***2513**

Veiras Suárez , Silvia

5

***2463**

González Quintana, Elvira

6

***2619**

Eiras Nogueira, Ana Belén

7

***9344**

Morais Matos, Eva María

8

***5446**

Pousa Castro, Mónica

9

***8106**

Naveira González, Cristina

10

***8179**

Correa Fernández, María Alicia

11

***6101**

Rodríguez Novoa, María

12

***3788**

Bargueiras Lago, Benjamín

13

***4529**

Pazos Cheda, María Pilar

14

***3773**

Ferreiro García, José Francisco

15

***3673**

Orol Fernández , Aurora

16

***4499**

Patiño Rios, Gustavo Jorge

17

***6931**

Vega Vázquez, Benjamín

18

***7117**

Rodríguez Castro, Manuel Ángel

19

***9617**

Izquierdo Álvarez, Estela

20

***1724**

Campos González, José

21

***8462**

Pérez Rodríguez, María Concepción

22

***1704**

Vilariño González, Yolanda

23

***6910**

Lesta Souto, Luis

24

***8641**

Cobelo Casas, Evangelina Judit

25

***2378**

Fernández Castro, María Jesús

26

***4382**

Vaamonde Fandiño, Rosa María

27

***5168**

Rodríguez Bello, María Luisa

28

***2749**

Estévez Álvarez, María Inés

29

***5088**

Tato Quiroga, Cristina

30

***5841**

Lago Torrado, Ana Mabel

31

***8171**

Méndez Pérez, Patricia María

32

***8227**

Eive Pereira, Gema María

33

***7044**

Martínez Paz, Ángel Rubén

34

***9429**

Canoura Fernández, Emilio José

35

***2918**

López-Boado Rey, María del Carmen

36

***0556**

Bernárdez Barreiro, Javier

37

***9660**

Vázquez López, Sergio

38

***9959**

Baceiredo Barrio, Nuria

39

***0352**

Italiani Morales, María Inmaculada

40

***9422**

Castro Vázquez, Ana María

41

***9487**

Taboada Ruiz, María Esther

42

***0065**

Vázquez Rodríguez, Sonia

43

***2543**

Sánchez López, Javier

44

***4287**

Arias Vidal, José

45

***6955**

Touza Martínez, Ana

46

***9419**

Toledo Díaz, María Noelia

47

***9156**

Mariño Méndez, Víctor Manuel

48

***2288**

Silva Martelo, Sandra

49

***5037**

Fuentes González, Antonio

50

***3137**

Sandomingo Sánchez, María

51

***9265**

Costa Doval, María Belén

52

***2021**

Meleiro Nogueiras, Marta

53

***2502**

Soto Pérez, María Carmen

54

***6132**

Solleiro Rodríguez, Avelino

55

***7521**

Vicente Sierra, David

56

***8859**

González Álvarez, María

57

***3084**

Núñez Pol, Fernando

ANEXO II

Prazas ofertadas

Código

Nome

C

Centro destino

Centro directivo

Concello

Adscr.

Niv

Formación

Obs.

1

MRC060000115770003

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

MR

S.X. de Infraestruturas Agrarias

Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural

Santiago de Compostela

C1, C2

16

2

MRC991000027001221

Xefatura grupo

MR

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

C1, C2

14

3

MRC991000027001222

Xefatura grupo

MR

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

C1, C2

14

4

MRC991040127001034

Xefatura grupo

MR

Servizo de Infraestruturas Agrarias (Lugo)

Servizos periféricos

Lugo

C1, C2

14

5

MRC992003115090014

Xefatura grupo (Betanzos)

MR

Oficina de Betanzos

Servizos periféricos

Betanzos

C1, C2

14

6

MRC992003215310012

Xefatura grupo (Teixeiro)

MR

Oficina de Teixeiro

Servizos periféricos

Curtis

C1, C2

14

7

MRC992002215920008

Xefatura grupo (Baio)

MR

Oficina de Baio

Servizos periféricos

Zas

C1, C2

14

8

MRC992007227190005

Xefatura grupo (Foz)

MR

Oficina de Foz

Servizos periféricos

Foz

C1, C2

14

9

ED2010000415770024

Xefatura grupo

ED

S.X. de Construcións e Equipamento

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1, C2

14

10

PRC991000015001102

Xefatura de grupo de rexistro e información II

PR

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C1, C2

14

Horario especial

11

EDC991000027001092

Xefatura grupo

ED

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

C1, C2

14

12

EDC991000027001186

Xefatura grupo

ED

Xefatura Territorial Lugo

Servizos periféricos

Lugo

C1, C2

14

13

FCC030000315770003

Secretario/a subdirector/a xeral

FC

S.X. de Auditoría de Fondos Comunitarios e Subvencións

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

C1, C2

16

14

FCC030003015001050

Operador/a entrada de datos

FC

Intervención Territorial A Coruña

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

A Coruña

C1, C2

14

15

MAO191000027001019

Xefatura grupo

MA

Área provincial Lugo

I.G.V.S. / Áreas provinciais

Lugo

C1, C2

14

16

MAC050000215770002

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

MA

S.X. de Urbanismo

Dirección Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo

Santiago de Compostela

C1, C2

16

17

IVA191000015001033

Xefatura de grupo

IV

Servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas da Coruña

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

A Coruña

C1, C2

14

18

PEC040000315770002

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

PE

S.X. de Investigación e Apoio Científico-Técnico

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

Santiago de Compostela

C1, C2

16

19

PRC991000015001104

Xefatura de grupo de rexistro e información IV

PR

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C1, C2

14

Horario especial

20

PRC070000215770002

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

PR

S.X. de Cooperación Exterior

Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea

Santiago de Compostela

C1, C2

16

21

SAC020000215770002

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

SA

S.X. de Réxime Xurídico e Administrativo

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1, C2

16

22

SAC020000115770015

Xefatura grupo

SA

Vicesecretaría Xeral

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1, C2

14

23

SAS030000415770001

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

SA

S.X. de Farmacia

Dirección Xeral de Asistencia Sanitaria

Santiago de Compostela

C1, C2

16

24

SAC991010115001051

Xefatura grupo

SA

Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios (A Coruña)

Servizos periféricos

A Coruña

C1, C2

14

25

SAC991010136560043

Xefatura grupo

SA

Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1, C2

14

26

SAC991010136560047

Xefatura grupo

SA

Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1, C2

14

27

SAC991010136560053

Xefatura grupo

SA

Servizo de Inspección de Servizos Sanitarios (Vigo)

Servizos periféricos

Vigo

C1, C2

14

28

MAC020000815770003

Secretario/a do/da asesor/a

MA

Asesoría Xurídica de Medio Ambiente e Territorio

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1, C2

16

29

ED6010000415770016

Xefatura grupo

ED

S.X. de Aprendizaxe Permanente e Ensinanzas de Réxime Especial

Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa

Santiago de Compostela

C1, C2

14

30

EDC991000036001176

Xefatura grupo

ED

Xefatura territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

C1, C2

14

31

EDC991000015001191

Xefatura grupo

ED

Xefatura territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C1, C2

14

32

PRC020000515770080

Xefatura grupo de prevención riscos laborais I

PR

S.X. de Coordinación de Servizos Transversais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1, C2, AP

14

Nivel intermedio Riscos Laborais (R.I.).

33

PX2010000215770002

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

PX

S.X. de Enxeñaría e Planificación de Radio, Televisión e Multimedia

Secretaría Xeral de Medios

Santiago de Compostela

C1, C2

16

34

FCC030001915770003

Secretario/a interventor/a delegado/a

FC

Intervención Delegada da Consellería de Sanidade e do Sergas

Intervención Xeral da Comunidade Autónoma

Santiago de Compostela

C1, C2

16

35

PSC020000515770002

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

PS

S.X. de Autorización e Inspección de Servizos Sociais

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1, C2

16

Para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego (R.I.).

36

FCA291000036560024

Xefatura grupo

FC

Delegación Vigo

Axencia Tributaria de Galicia (Servizos periféricos)

Vigo

C1, C2

14

37

SAC020000115770002

Secretario/a do/da vicesecretario/a xeral

SA

Vicesecretaría Xeral

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1, C2

16

38

PXA200000015770005

Axudante/a de secretaría

CU

Dirección

Axencia Turismo de Galicia

Santiago de Compostela

C1, C2

16

Coñecementos informática nivel usuario (mérito)

Xornada de tarde

39

SAS040000215770003

Secretario/a do/da subdirector/a xeral

SA

S.X. de Compras e Servizos

Dirección Xeral de Recursos Económicos

Santiago de Compostela

C1, C2

16

40

MAC040000336560020

Xefatura de grupo

MA

Parque Nacional Marítimo-Terrestre das Illas Atlánticas

Dirección Xeral de Patrimonio Natural

Vigo

C1, C2

14

41

EIA210000115770005

Axudante administración

EI

Xerencia

Axencia Galega da Industria Forestal (XERA)

Santiago de Compostela

C1, C2

16

42

EI2010000115770004

Axudante administración

EI

S.X. de Coordinación Administrativa

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1, C2

16

43

EI2010000215770003

Axudante administración

EI

S.X. de Coordinación Económica

Secretaría Xeral Técnica

Santiago de Compostela

C1, C2

16

44

EIC991000015001002

Axudante administración

EI

Xefatura Territorial A Coruña

Servizos periféricos

A Coruña

C1, C2

16

45

EIC991000036001002

Axudante administración

EI

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos periféricos

Pontevedra

C1, C2

16

46

EIC992090127060003

Axudante administración

EI

Oficina de emprego de Becerreá

Servizos periféricos

Becerreá

C1, C2

16

47

EIC992090132620005

Axudante administración

EI

Oficina de emprego da Pobra de Trives

Servizos periféricos

A Pobra de Trives

C1, C2

16

48

EIC992090132850005

Axudante administración

EI

Oficina de emprego de Viana do Bolo

Servizos periféricos

Viana do Bolo

C1, C2

16

49

EIC992090136170005

Axudante administración

EI

Oficina de emprego da Estrada

Servizos periféricos

A Estrada

C1, C2

16

50

EIC992090136540005

Axudante administración

EI

Oficina de emprego de Tui

Servizos periféricos

Tui

C1, C2

16

51

EIC992090136590010

Axudante administración

EI

Oficina de emprego de Vilagarcía de Arousa

Servizos periféricos

Vilagarcía de Arousa

C1, C2

16

52

EIC992090115190005

Axudante administración

EI

Oficina de emprego de Carballo

Servizos periféricos

Carballo

C1, C2

16

53

EIO210000015770002

Axudante de administración

EI

Xerencia

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

Santiago de Compostela

C1, C2

16

54

IVA191000027001024

Xefatura de grupo

IV

Servizo provincial da Axencia Galega de Infraestruturas de Lugo

Axencia Galega de Infraestruturas (Servizos periféricos)

Lugo

C1, C2

14

55

PXA200000315770027

Xefatura grupo I

CU

Dirección de Competitividade

Axencia de Turismo de Galicia

Santiago de Compostela

C1, C2

14

56

EDC991000036001161

Xefatura grupo

ED

Xefatura Territorial Pontevedra

Servizos Periféricos

Pontevedra

C1, C2

14

57

SAC991000536001007

Xefatura grupo

SA

Servizo de Control de Riscos Ambientais (Pontevedra)

Servizos Periféricos

Pontevedra

C1, C2

14

58

EIA210000315770005

Axudante administración

EI

Área de Promoción e Calidade Forestal

Axencia Galega da Industria Forestal (Xera)

Santiago de Compostela

C1, C2

16

59

PSC994021036350014

Posto base subgrupo C1

PS

Residencia de Tempo Libre de Panxón

Servizos Periféricos

Nigrán

C1

14

60

FCC020000315770025

Unidade de Apoio Administrativo

FC

S.X. DE Apoio Técnico-Xurídico

Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio

Santiago de Compostela

C1, C2

18