Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38567

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Terceira)

EDICTO (7301/2020).

Procedemento: PO procedemento ordinario 7301/2020/

Sobre accion administrativa y acto administr.

De: Cruzcross, S.L.

Avogado: María José García Arias

Procurador: María Irene Cabrera Rodríguez

Contra: Conselleria de Sanidade

Avogado: letrado da Comunidade

No presente órgano xudicial interpuxo recurso contencioso-administrativo a procuradora María Irene Cabrera Rodríguez, en nome e representación de Cruzcross, S.L., fronte á Conselleria de Sanidade, sobre a Orde do 15.8.2020, modificativa das medidas acordadas no Acordo do Consello da Xunta do 12.6.2020, de medidas para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, unha vez superada a fase III do Plan para a transición cara a unha nova normalidade.

Polo que, en cumprimento do Decreto do 15.9.2020 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, se concede un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade a dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 15 de setembro de 2020

Maria Luisa Díaz Sánchez
Letrada da Administración de xustiza