Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 202 Martes, 6 de outubro de 2020 Páx. 38572

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo

EDICTO (386/2018).

Eu, Ana Rodríguez Puga, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, fago saber que no procedemento ordinario 386/2018 se ditou sentenza, cuxo encabezamento e resolución son os seguintes:

«Mondoñedo, 6 de novembro de 2019.

Vistos por Ana Mª Bande Ramudo, maxistrada xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Mondoñedo, os presentes autos de xuízo sobre privación de patria potestade, seguidos ante este xulgado baixo o número 386 do ano 2018, por instancia de Hellen Whyt Pires Da Silva, representada polo procurador sr. Cabado Iglesias e asistida pola letrada Sra. Jiménez Torres, contra Paulo Eduardo Dos Santos, declarado en situación de rebeldía procesual, coa intervención do Ministerio Fiscal,

Resolvo:

Estimar a demanda interposta por Hellen Whyt Pires Da Silva contra Paulo Eduardo Dos Santos e acórdase a privación da patria potestade do demandado respecto da súa filla Victoria Gabriella Dos Santos Pires, cos efectos legais inherentes a tal declaración, con suspensión do réxime de visitas e mantendo a obriga de prestar alimentos establecida na sentenza do 12 de xullo de 2012.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que contra esta cabe recurso de apelación que, se é o caso, se deberá interpoñer ante este mesmo xulgado, dentro dos vinte días seguintes a aquel en que se notifique esta resolución. Para a súa interposición será necesario previamente constituír un depósito de 50 euros na conta de consignacións deste xulgado; a súa admisión quedará condicionada a esta consignación.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas.

Por esta miña sentenza, da que se expedirá testemuño para incorporalo ás actuacións, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E ao estar o dito demandado Paulo Eduardo Dos Santos, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma, mediante a súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Mondoñedo, 15 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza