Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (ETX 81/2020).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 81/2020 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Vicenta Blanco Méndez contra a empresa Transpobedasa 2012, S.L., sobre despedimento, se ditaron:

Auto despachando execución con data do 9 de setembro de 2020, impugnable en reposición no prazo de tres días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

Dilixencias de ordenación con datas do 9 de setembro de 2020 e do 15 de setembro de 2020, ambas as dúas impugnables en revisión no prazo de tres días, as cales se encontran á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Transpobedasa 2012, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente resolución para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 15 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza