Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (ETX 34/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 34/2020, seguido por instancia de Alfonso Vázquez Rivas contra Rodrigo Louro Metal Designers, S.L.U., sobre execución de sentenza número 5/2020 con data do 9 de xaneiro, se ditaron auto despachando execución e decreto de embargo con datas do 26 de febreiro de 2020 e do 8 de setembro de 2020, respectivamente, e contra os que pode interpoñer recurso de reposición e de revisión directo, respectivamente, no prazo de tres días. No devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro de ambas as dúas resolucións.

E para que sirva de notificación e requirimento en legal forma a Rodrigo Louro Metal Designers, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 9 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza