Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38695

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo

ANUNCIO do 15 de setembro de 2020, da Dirección Xeral de Xustiza, polo que se notifica a resolución ditada no recurso de alzada interposto en materia do Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia da Coruña.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución ditada no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia da Coruña, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.

Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Este anuncio publlícase para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 a Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.

Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e que poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo correspondente, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que xulguen conveniente.

Santiago de Compostela, 15 de setembro de 2020

Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/pasaporte

Acto notificado

AC-2019/00368

47377943J

Resolución do recurso de alzada

AT699523