Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 203 Mércores, 7 de outubro de 2020 Páx. 38720

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Fornelos de Montes

ANUNCIO de nomeamento de funcionario de carreira.

Mediante o Decreto desta alcaldía, do 15 de setembro de 2020, unha vez concluído o procedemento selectivo anunciado no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm. 86, do 7 de maio de 2020; Diario Oficial de Galicia núm. 111, do 9 de xuño de 2020, e convocado no Boletín Oficial del Estado núm. 168, do 16 de xuño de 2020, efectuouse o nomeamento de Vanesa Boullosa Peralba, con DNI 36165795C, para cubrir a praza da escala de Administración xeral, subescala administrativa; clasificación: grupo C (subgrupo C1); denominación: administrativo/a.

O que se fai público para os efectos do artigo 62 do texto refundido da Lei do Estatuto básico do empregado público, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2015, do 30 de outubro.

Fornelos de Montes, 15 de setembro de 2020

Emiliano Lage Rodríguez
Alcalde