Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 204 Xoves, 8 de outubro de 2020 Páx. 39263

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 392/2020).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 392/2020 deste xulgado do social se ditou sentenza, con data do 15 de setembro de 2020, contra a cal cabe recurso de suplicación no prazo de cinco días a partir da súa notificación. Faise saber aos interesados que poderán ter coñecemento íntegro da dita sentenza na secretaría do citado órgano xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Kuby Spacios 2014, S.L, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza