De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, e no uso das atribucións conferidas polo artigo 17.2.c) da dita lei, esta consellería
DISPÓN:
Primeiro. Anunciar a convocatoria para cubrir, polo sistema de libre designación, o posto de traballo que se indica no anexo I desta orde.
Segundo. Poderán concorrer a ela os/as funcionarios/as que reúnan os requisitos que se exixen para o desempeño do posto e que se especifican no anexo I.
Terceiro. As solicitudes para participar nesta convocatoria dirixiranse por escrito ao conselleiro de Sanidade, segundo o modelo que se inclúe como anexo II a esta orde.
As ditas solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral da Consellería de Sanidade, sito no Edificio Administrativo San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela (A Coruña), nos das súas xefaturas territoriais ou ben utilizando os medios establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, no prazo de quince (15) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Cuarto. Os/as aspirantes deberán xuntarlle á súa petición un curriculum vitae e xustificar documentalmente, mediante certificación ou copia compulsada, os méritos que aleguen.
Os méritos alegados e non probados segundo se indica no parágrafo anterior non se terán en conta.
Quinto. No caso de resultar seleccionado/a para ocupar o posto de traballo que se relaciona no anexo I desta orde un/unha funcionario/a con destino noutra administración pública, requirirase o informe favorable do órgano competente da súa administración de orixe, que se considerará favorable no caso de non se emitir no prazo de quince (15) días, tal como dispón o artigo 67 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo, e demais disposicións concordantes. Unha vez autorizado o seu traslado a esta administración, procederase a adxudicarlle o posto para o cal foi seleccionado/a.
Sexto. A resolución desta convocatoria publicarase no Diario Oficial de Galicia e poderase declarar deserto o posto de traballo, de considerarse oportuno.
Sétimo. O prazo de toma de posesión será de tres (3) días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete (7) días hábiles se comporta cambio de residencia.
Cando o/a adxudicatario/a do posto obteña coa súa toma de posesión o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte (20) días hábiles, de conformidade co establecido no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, modificado polo Decreto 166/2013, do 14 de novembro.
O prazo de toma de posesión comezará a contar a partir do día seguinte ao do cesamento, que se deberá producir dentro dos tres días hábiles seguintes ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia, ou desde a data en que se comunique a resolución do traslado á comunidade autónoma, para o caso de funcionarios doutras administracións públicas.
Se a resolución comporta o reingreso ao servizo activo, o prazo de toma de posesión deberase computar desde o día seguinte ao da publicación da resolución no Diario Oficial de Galicia.
Oitavo. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses, contados a partir do día seguinte ao da súa notificación, ante o xulgado do contencioso-administrativo competente, de conformidade co establecido nos artigos 8, 14 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Potestativamente, e con carácter previo, poderase interpoñer recurso administrativo de reposición, ante este órgano directivo, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2020
Julio García Comesaña
Conselleiro de Sanidade
ANEXO I
Código do posto: SAC020000115770001.
Denominación do posto: vicesecretario/a xeral.
Dependencia: Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Sanidade.
Localidade: Santiago de Compostela.
Subgrupo: A1.
Nivel C.D.: 30.
Complemento específico: 22.374,60 €.
Corpo ou escala: xeral/estatutario Sergas/sanitario Lei 17/1989.
Adscrición administracións públicas: A20(7)-adscrición indistinta a funcionarios da Xunta de Galicia, Estado e CC.AA., persoal sanitario da Lei 17/1989 e persoal estatutario do Sergas.
Formación específica: 640-para persoal doutra Administración, curso de perfeccionamento de galego (RI).