Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39486

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (PO 930/2017).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de Xustiza do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 930/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Martín Rama Cancela contra Douglas Fernando Ferreira Machado e Fogasa, se ditou Sentenza de data 16.9.2020, estimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Douglas Fernando Ferreira Machado, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza