Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 205 Venres, 9 de outubro de 2020 Páx. 39484

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Reforzo da Coruña

EDICTO de notificación de sentenza (DSP 894/2019).

Eu, Marta Yanguas del Valle, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de reforzo da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 894/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel Castro Canedo contra El Huerto de Santa Cristina, S.L.; Cercons 2006, S.L.U.; Incoga Norte, S.L.; Rendueles Suministros S.L.U.; Coto Rivas, S.L.U.; Health&Wellness Tecnology, S.L.; Decorga Pintura, S.L.U.; Incoga Smart Building Group, S.L.; Estudio de Ingeniería Ruidos y Aislamientos, S.L.; Gouzallas Solar, S.L. sobre despedimento, ditouse sentenza núm. 240/2020 con data de 10.9.2020, desestimando a demanda, e contra a que cabe interpoñer recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia ou mediante escrito presentado neste xulgado dentro dos cinco días seguintes á publicación deste edicto. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a El Huerto de Santa Cristina, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 15 de setembro de 2020

A letrada da Administración de xustiza